Cando penso que te fuches, Negra sombra que me asombras, Ó pé dos meus cabezales Tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, No mesmo sol te me amostras, I eres a estrela que brila, I eres o vento que zoa. Si cantan es ti que cantas Si choran, es ti que choras, I es o marmurio do río, I es a noite i es a aurora. ldnr,cc?j bfnn,b En todo estás e ti es todo, Pra min y en min mesma moras, Nin me dexarás ti nunca, Sombra que sempre me asombras Luz Casal Negra Sombra songtext Suchen mit Google Luz Casal Negra Sombra liedtext Finden Sie mit Yahoo Luz Casal Negra Sombra songtext | | |